Por primeira vez e dunha maneira inédita teremos oportunidade de sentir en directo nun espectáculo a totalidade da obra conservada do compositor galego José Castro González, “Chané”. A iniciativa partiu de aCentral Folque e contou coa colaboración da Deputación da Coruña e os concellos de Santiago e A Coruña. O espectáculo presentouse hoxe no Auditorio de Galicia coa participación de Ramóm Pinheiro de Acentral Folque, Goretti Sanmartín, Vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Concha Fernández, concelleira de Asuntos Sociais en representación do Concello de Santiago.
Neste espectáculo participan a Alejandro Vargas Consort, a Camerata Egeria e a cantante galega Rosa Cedrón. Chané na Habana poderá verse o vindeiro 29 de xullo na Praza da Quintana compostelá e o día 3 de agosto na Praza María Pita da Coruña.
Este espectáculo é froito dunha minuciosa pesquisa sobre o repertorio do mestre Chané en arquivos de todo o mundo
unha oportunidade única para reivindicar a potencia que tivo historicamente a música galega
A recuperación dun músico “imprescindible”
A vida e a obra de Chané están fortemente ligada a Compostela, onde naceu e adquiriu formación musical da man do seu pai. De adolescente estableceríase na Coruña onde se consagraría como o músico galego máis popular do momento xunto con Pascual Veiga. Marchou a Cuba no 1983 e a súa popularidade esténdese internacionalmente.