Home Programas Espazo Aberto Chaman a colgar sabas brancas nas xanelas pola sanidade pública neste Día Mundial da Saúde

Chaman a colgar sabas brancas nas xanelas pola sanidade pública neste Día Mundial da Saúde

0
Chaman a colgar sabas brancas nas xanelas pola sanidade pública neste Día Mundial da Saúde

Este Día Mundial da Saúde, que se celebra cada 7 de abril, atópase fondamente marcado pola epidemia do coronavirus a nivel global. Neste marco, unha iniciativa percorre as redes sociais con forza dende a primeira hora da mañá na que chama á sociedade a colgar das xanelas unha saba branca ou un cartel con mensaxes que poñan en valor á sanidade pública. Despois, pídese que se tire unha foto e se comparta nas redes sociais co hashtag #sanidadepublica e #health4all.


A defensa da sanidade pública cobrou forza ante a xestión desta crise social e sanitaria debido, entre outras, á falta de colaboración da sanidade privada para frear a epidemia, e da súa non intervención por parte das Administracións, ademais da carencia de recursos persoais e materiais na sanidade pública e da escaseza de protocolos segundo denuncian os sindicatos.