Cesáreo Sánchez, presidente AELG: “Algunha rectificación houbo, pero leve”

Asegura a Nós Televisión que o maxisterio que emana do cadro é o resultado das vidas de Castelao e Bóveda polo seu “amor a Galicia”

O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, estivo na inauguración da exposición “Castelao Maxistral” e comenta a Nós Televisión que hoxe Feijóo fixo “algunha rectificación pero leve” do seu discurso de hai dous días cando omitiu calquera referencia a Alexandre Bóveda e aos asasinatos masivos e a represión logo do golpe de Estado de 1936.

Cesáreo Sánchez explica a Nós Televisión que o maxisterio que emana do cadro A derradeira leición do mestre é que “Bóveda foi asasinado por amor a Galicia e Castelao estivo no exilio por amor a Galicia”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego