Home Espazo Aberto Medio ambiente César Mosquera: “A compostaxe é un futuro que xa é presente”

César Mosquera: “A compostaxe é un futuro que xa é presente”

0
César Mosquera: “A compostaxe é un futuro que xa é presente”

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, sostivo durante a súa participación como relator no ‘IV Seminario de intercambio de experiencias no ámbito da sustentabilidade’  que a compostaxe é “un modelo imparable”. No encontro, celebrado na Coruña baixo a organización organizado do Eixo Atlántico, explicou como a través do Plan Revitaliza se xestiona e valoriza a materia orgánica en proximidade nos concellos, cualificando como “un éxito” os resultados, ao ter adheridos máis de dous tercios dos municipios da provincia, e ao seren estes os que mellor están preparados no Estado español para cumprir as esixencias europeas.

Ao seu entender,”a compostaxe é un futuro que xa é presente“, posto que todas as normativas europeas van na liña de reducir e tratar o lixo orgánico seguindo modelos de proximidade e economía circular. Lembrou que no 2020 será preciso preparar para reciclar e reutilizar o 50% do lixo –sendo a parte orgánica o 53%- e que no 2023 será obrigado compostar ou tratar mediante medios sustentables o 100% da fracción orgánica separada.

Plan Revitaliza

“O que era un problema, a eliminación dos residuos, pode converterse nunha oportunidade: xerar compost. A clave do Plan Revitaliza para que o sistema funcione é descentralizar o tratamento e, onde sexa posible a compostaxe no propio domicilio, repartir composteiros individuais; onde non se poida ir pola vía individual, apostar polos composteiros comunitarios”, destacou. Mosquera tamén lembrou a publicación monográfica sobre o Revitaliza realizada pola axencia europea Zero Waste Europe, a viaxe de traballo da delegación chinesa que visitou hai dous meses Pontevedra, ou outros estudosos chegados de Italia, Brasil ou Illa Príncipe, entre outros.