Home Programas Espazo Aberto O Certame “Vindevídeos” achegará a literatura galega trobadoresca ao estudantado

O Certame “Vindevídeos” achegará a literatura galega trobadoresca ao estudantado

1
O Certame “Vindevídeos” achegará  a literatura galega trobadoresca ao estudantado

A presenza en Galicia do pergamiño Vindel está a ser moi rendíbel en iniciativas de promoción da nosa lingua e literatura. Nesta ocasión rapazas e rapaces do sistema educativo galego poderán participar nun novedoso programa denominado “Vindevídeos” promovido polas secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística da Consellaría de Cultura da Xunta. Os seus responsables, Anxo Lorenzo e Valentín García respectivamente, presentaron esta iniciativa na sala do Seminario de Estudos Galegos no Pazo de San Roque.

Anxo Lorenzo deu moita importancia na presentación ao feito de contar nesta ocasión coa comunidade educativa galega que está respondendo moi ben á presenza do pergamiño e sinalou a inquedanza dos centros pola literatura e as novas tecnoloxías.

O Secretario Xeral de Política Lingüística salientou tamén que neste certame poden participar centros educativos emprazados fóra da Galicia territorial. Por último o propio Valentin García informou na presentación dos diferentes premios que poden acadar os participantes neste certame.

O Certame Vindevídeos recibirá pezas audiovisuais ata o vindeiro 11 de decembro. As bases do certame poden descargarse na páxina web www.lingua.gal ou ben en www.cultura.gal.