No mediodía deste mércores, unha cadea humana de máis de catrocentas persoas formou un visíbel “X” na Praza do Obradoiro. O obxectivo, convidar á cidadanía a marcar o cadro “solidario” na declaración da renda, destinando deste xeito o 0’7% dos seus impostos para fins sociais.

A convocatoria organizárona as asociacións EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, baixo o lema #Rentaterapia. A campaña continuará con diferentes actividades nas vindeiras semanas e ten como obxectivo concienciar á xente da importancia destas achegas económicas para axudar aos colectivos máis vulnerábeis.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

En 2017, máis de 600.000 persoas permitiron recadar arredor de 15 millóns de euros

O pasado ano, máis de 600.000 persoas de todo o Estado apostaron polo “‘X’ Solidario”, aportando arredor de 15 millóns de euros para “Actividades de Interese Social”. As ONG participantes neste movemento lembran ás persoas católicas que marcar este cadro é compatíbel co da Igrexa e, neste caso, repartiríanse os cartos entre ambas finalidades.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -