Celso F. Sanmartín, ‘Celsiño’: O oficio de contar

Falamos devagar co Celsiño, contacontos de Lalín

Luisiño das Corbatas, Caspatín, Manolo O Gaiteiro, Celsa do Acebedo, O Tío Antonio. Escoitar a Celso Fernández Sanmartín é entrar pouquiño a pouco, devagar, nun universo de personaxes recoñecibles por todas nós.

Celso é de Lalín e conta o mundo desde Lalín. Pero cando fala do Naranxo, que no tempo da posguerra viña correndo dende O Cello escapándolle a unha bala;  ou dun que marchou emigrado para Buenos Aires e ao chegar deu volta pero volveu falando castellano, escoitamos historias universais nas que as veciñas e os veciños trascenden para converterse en personaxes.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -