A sección sindical de Comisións Obreiras na CRTVG responde á denuncia por inxurias e calumnias interposta polo xornalista da Radio Galega, o director do Galicia por Diante, Kiko Novoa: “Non nos imos amedrentar na defensa dos dereitos das persoas que teñen contratos máis precarios e condicións laborais máis febles”.

O sindicato publicara unha nota informativa na que acusaba a Novoa de trato vexatorio contra unha bolseira á que lle dixo: “estás cobrando o mesmo por dicilo unha vez que por dúas, así que imos explotarte”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Sinalan tamén que as contratacións precarias do ente público, que cualifican de “abusivas”, fan ao persoal máis vulnerable ás presións da empresa: “Non imos tolerar que un responsable se dirixa a unha persoa baixo ao seu cargo en termos de explotación laboral, tanto en tonos distendidos como ofensivo, seguen sendo termos de explotación laboral.”

Ata o de agora, ningún cargo da CRTVG deu explicacións polo sucedido.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -