CCOO lamenta que Feijóo aproveite os cambios no goberno só por unha “circunstancia electoral”

O sindicato valora positivamente que se rectifique o erro de unir nunha consellaría a Educación e a Cultura

Os cambios realizados no goberno de Feijóo non pasaron desapercibidos para os sindicatos. Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO en Galicia lamenta que as decisións de Feijóo para mudar nomes nas consellaría teña máis que ver coas vindeiras eleccións que cos problemas de fondo que ten no executivo.

- Publicidade -

O secretario xeral de CCOO valora positivamente algúns destes cambios a xeito de rectificación de erros cometidos nestes anos mais tamén bota en falta outros que quedan da mesma maneira.

En relación aos conselleiros saíntes desde CCOO falan de parálise. Un exemplo, sinalan, é o de Rey Varela que marcha sen ter diálogo cos axentes sociais con actuacións como a falta de participación dun organismo de participación institucional como o Consello Galego de Benestar que só se reuniu tres veces nos últimos anos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego