Home Programas Área Compostela CCOO denuncia “desleixo” e “descontrol” ante un brote de sarna en Santiago

CCOO denuncia “desleixo” e “descontrol” ante un brote de sarna en Santiago

0
CCOO denuncia “desleixo” e “descontrol” ante un brote de sarna en Santiago

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia o “desleixo” da mutua ante un brote de sarna na residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, así como o “descontrol” á hora de aplicar o protocolo de prevención. Segundo o sindicato, en canto se diagnosticou o primeiro caso “non se illou decontado a persoa afectada, polo que a día de hoxe hai xa oito casos, non descartándose que a cifra aumente”.

Desde CCOO explican que o primeiro caso foi detectado o pasado venres, 10 de maio; o luns eran xa catro e o martes, oito (sete persoas usuarias e unha traballadora). “Se existe un protocolo, parece claro que neste caso fallou”, critican fontes do sindicato.

Canto á traballadora afectada, acudiu á mutua contratada pola residencia, neste caso, a Mutua Gallega. Alí indicáronlle que ata a semana que vén non a podían atender, polo que a derivaron a un centro privado da Coruña, que foi onde a atenderon. Asemade, indicáronlle que o tratamento profiláctico para a súa familia e mascota debía correr do seu peto, xa que non o cobren os servizos da mutua nin a seguridade social. Comisións Obreiras insta as autoridades sanitarias a actuar neste caso e, se fose necesario, perante a mutua colaboradora.