CCOO: “A precariedade ten rostro de muller”

CCOO presenta unha análise do mercado laboral dende a prespectiva de xénero que amosa un patrón claro na precarización do emprego feminino

Dende CCOO presentaron unha análise do mercádo laboral desde a prespectiva de xénero, que amosa uns resultados moi reveladores da situación actual en Galicia, e que sen dúbida deixan claro que a precarización laboral no país ten cara feminina.

Por exemplo hai un preocupante 77% de presenza feminina nos traballos de xornada parcial e non por elección, senón por non atopar traballo de xornada completa (motivo para máis de 65.000 mulleres fronte 20.000 homes segundo os datos) ou coidado de nenos ou adultos (20.500 mulleres alegaron este como un motivo fronte 400 homes). Ou a fenda salarial do 30%, que repercute en prestacións e pensións máis baixas.

A segregación do mercado laboral, tanto horizontalmente concentrándose a presenza das mulleres no sector dos servizos, como verticalmente. Mámem Sabio Sanz, da Secretaría de muller e Igualdade de CCOO fixo neste caso referencia ao “teito de cristal e ao chan de lameira” que non deixa que as mulleres avancen nas súas carreiras profesionais.

Neste aspecto, dende o sindicato quixeron deixar clara a necesidade de máis medidas para asegurar a corresponsabilidade nas tarefas e nos coidados, máis políticas en materia de igualdade, e para combater a feminización da pobreza.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego