O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudía este martes a unha nova sinatura do pacto de Diálogo Social entre a Confederación de Empresarios de Galicia e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras. Trátase co cuarto acordo que asinan estes dous sindicatos e a patronal dende que Núñez Feijóo chegou ao Goberno galego.

- Publicidade -

O pacto é froito de varias reunións que comezaron a principios de ano e do que a CIG quixo, dende o inicio, desvincularse. Deste xeito, Comisións Obreiras e UXT foron as únicas centrais con alta representación que asinaron estes acordos nos que se aborda unha serie de liñas programáticas arredor do mercado laboral.

Ademais, a Xunta destina un orzamento de 300.000 euros para acompañar estas medidas achegadas polos sindicatos e os empresarios neste ano e o que vén. “O futuro que CC.OO quere para Galicia non é facer da nosa Comunidade un campo de grelos onde nazan mariscos que se coman en Madrid”, sostiveron dende Comisións Obreiras.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego