Home Programas Espazo Aberto Causa Galiza convida a mobilizarse o Día da Patria a prol da independencia

Causa Galiza convida a mobilizarse o Día da Patria a prol da independencia

0
Causa Galiza convida a mobilizarse o Día da Patria a prol da independencia

De cara ao vindeiro Día da Patria, Causa Galiza tentara a convocatoria dunha manifestación unitaria da que participasen tódolos partidos, sindicatos e organizacións xuvenís independentistas. Porén, o acordo non foi posíbel, polo que a formación optou finalmente por artellar en solitario unha mobilización que, o 25 de xullo, partirá ás 12.30 horas da Alameda compostelá.

A manifestación convocada por Causa Galiza comezará ás 12.30h na Alameda compostelá

O eixo central desta convocatoria é dar pulo aos movementos sociais a prol da independencia de Galiza, xa que, segundo Joám Peres, de Causa Galiza, “a soberanía nacional só pode concretarse na ruptura democrática co Estado”. Peres descarta calquera opción “federalista ou confederal”.

Unha das principais metas de Causa Galiza de cara a este 25 de xullo é “convidar” á mocidade galega a se organizar e participar da construción do proxecto político que propoñen os movementos independentistas.

Processo Trevinca

Así e todo, a formación independentista salienta a constitución do Processo Trevinca, un espazo de reflexión a respecto das “tácticas e estratexias” empregadas polo independentismo galego. Esta iniciativa botará a andar o vindeiro mes de outubro con diferentes propostas.