
A Galería sargadelos de Santiago acolle estes días unha exposiciónde catro ilustradoras galegas e portuguesas que mostran a súa visión do Camiño de Santiago pola costa. O proxecto realizárono entre o 26 de xuño e o 5 de xullo Fernanda Lamelas, Teresa Ruivo, Blanca Escrigas e Isabel Seidell. A mostra visitouna a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada da ilustradora Blanca Escribas e a editora Gema Sesar, de El Patito Editorial.
Hai mulleres na ilustración pero non están visibles
Gema Sesar explicou como xurdiu o proxecto dende o punto de vista da igualdade.
As artistas realizaron varias ilustracións que se converteron nun libro e nunha mostra onde as protagonistas serán as propias mulleres e o Camiño.
https://nostelevision.gal/de-porto-a-compostela-un-camino-ilustrado-por-mulleres/