Home Programas Espazo Aberto A Xunta presume do CEGADI, un centro para diversidades funcionais que tardou 14 anos en abrir

A Xunta presume do CEGADI, un centro para diversidades funcionais que tardou 14 anos en abrir

0
A Xunta presume do CEGADI, un centro para diversidades funcionais que tardou 14 anos en abrir

A conselleira de Política Social visitou este luns o CEGADI, o centro de atención a persoas con dependencias e discapacidades, en Compostela no que dende o mes de maio deste ano COGAMI, grazas a un convenio da Xunta, desenvolve un proxecto que ofrece servizos de rehabilitación e coidado.

Todo este proceso está envolto en polémica á que cómpre remontarse a maio de 2005, cando o Concello de Santiago lle cedeu á Xunta de Manuel Fraga unha parcela de 6.000 metros cadrados para a construción dun centro de atención para persoas con discapacidade. Un mes despois desta cesión, Fraga perdería as eleccións. Coa posterior entrada do bipartido, co PSdeG e o BNG aos mandos do Goberno galego, adxudicouse no mes de novembro a execución do centro por un valor de 8,7 millóns de eurosque finalmente custou 13 millóns. A construtora rematou a obra a comezos de 2013, ano dende o que permaneceu pechado o centro baixo a batuta, novamenta, do Partido Popular só que, desta volta, con Alberto Núñez Feijóo ao timón.

A finais de 2017 realizouse unha apertura parcial que quedaba moi lonxe do prometido e non é ata agora, tras a sinatura do convenio coa entidade COGAMI, que non se pon sobre a mesa o servizo de atención que se prometera hai 14 anos.