Clamor da Terra (Alberte Mera, 2012) é unha longametraxe documental producida pola Fundación Bautista Álvarez. Nela tómanse como fío condutor as entrevistas a 22 membros destacados do sindicalismo agrario galego desde os anos setenta, co obxectivo de narrar os conflitos e loitas máis salientadas do agrarismo desenvolvidas en Galiza. A loita contra a cota empresarial, as cotas do leite, os encoros, contra a instalación dunha nuclear en Xove, etc.