Unha Galicia afastada da melancolía, o paisaxismo e os monumentos. Esta foi a proposta do fotógrafo catalán Francesc Català-Roca, quen amosou unha realidade diferente do país baseada no “costumismo” e a “vida cotiá” das persoas que o habitan e participan do seu desenvolvemento.

- Publicidade -

Cúmprense vinte anos do pasamento de Francesc Català-Roca e o Auditorio de Galicia presenta unha escolma da súa obra

A exposición é o resultado de meses de traballo do artista e editor Anxo Rabuñal, quen logrou recadar 166 imaxes galegas entre os máis de mil negativos do arquivo de Català-Roca. O recoñecido retratista catalán caracterizouse sempre por salientar a beleza da “realidade social” das cidades con “humor” e “dignidade”, sustentando a súa obra sobre tres eixos temáticos: o traballo, a festa e o turismo.

Entrada de balde

A mostra inaugúrase o vindeiro mércores ás 20.00 horas, e poderá visitarse de luns a domingo en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, até o 7 de outubro, cando se trasladará ao Kiosko Alfonso da Coruña. A entrada durante este período será de balde.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego