Home Programas Espazo Aberto Castelao reabre o debate da memoria histórica

Castelao reabre o debate da memoria histórica

0
Castelao reabre o debate da memoria histórica

Castelao volve a ser actualidade coa chegada dunha das súas obras pictóricas máis coñecidas, A Derradeira leición do mestre, a Galiza. A Xunta organizará no Museo Centro Gaiás a mostra “Castelao maxistral” da que formará parte esta peza. Para o presidente da Fundación Alexandre Bóveda, o historiador Uxío-Breogán Diéguez, o seu valor vai moito máis alá do artístico.

A exposición, comisariada por Miguel Anxo Seixas Seoane, procura ser unha homenaxe ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado. O presidente da Fundación Alexandre Bóveda pensa que habería que contextualizar o conxunto da obra de Castelao en xeral e a desta peza en particular.

Preocupación pola situación do patrimonio galego

Non debera preocuparnos a presenza de patrimonio galego alén do mar, debería preocuparnos a especulación

Uxío-Breogán Diéguez aproveitou para alertar da situación actual do patrimonio galego na emigración arxentina tra-la posible venda do Centro Galego de Bos Aires.

A Xunta de Galicia trae por vez primeira a Galicia A derradeira leición do mestre como eixo central da exposición Castelao maxistral, da Cidade da Cultura. A obra exhibirase no Museo Centro Gaiás do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019. Hai que recordar que Castelao pintou na capital arxentina, en 1945, A derradeira leición do mestre—baseado na estampa nº 6 do seu libro Galicia mártir— en homenaxe ao seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936