Home Espazo Aberto Medio ambiente Casalonga pídelle a Pedro Sánchez que mude a lei para evitar os vertedoiros encubertos

Casalonga pídelle a Pedro Sánchez que mude a lei para evitar os vertedoiros encubertos

0
Casalonga pídelle a Pedro Sánchez que mude a lei para evitar os vertedoiros encubertos

A visita do presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, a Galicia non pasou inadvertida para o movemento veciñal agrupado na Plataforma Casalonga Limpa de Residuos. Representantes deste colectivo entregáronlle este domingo un escrito no que lle piden a modificación dos reais decretos 975/2009 e 105/2008 que obrigan a restaurar as canteiras en desuso con calquera tipo de materiais. Esta mudanza afectaría directamente ao proxecto que a empresa Toysal quere desenvolver en Casalonga, no concello coruñés de Teo. Nos últimos días, a veciñanza deste lugar convocou unha mobilización o 15 de marzo en Compostela co obxetivo de que a Xunta se posicione ao respecto.