O informe técnico presentado onte polo arquitecto municipal de Teo reforza os argumentos da Plataforma veciñal Casalonga Limpa de Residuos contra a presenza da planta que quere instalar a empresa Toysal na zona. A veciñanza valora positivamente este paso aínda que non pensa deixar as mobilizacións.
Agora compete á Xunta pechar este expediente
Máis mobilizacións
“A realidade segue sendo que unha empresa potente no sector dos residuos e con varias denuncias por actos contra o medio ambiente mercou 50 hectáreas na Casalonga”. A plataforma valora positivamente as conclusións do informe técnico e os argumentos utilizados polo arquitecto municipal. A plataforma resérvase a posibilidade de reforzar ditos argumentos con outras alegacións no momento e nas instancias oportunas, no caso de que a empresa solicitante continúe insistindo na súa temeraria pretensión de instalar unha pestilente planta de residuos na Casalonga. Ademais, desde a Plataforma anuncian mobilizacións e lembra que agora tócalle á Xunta dar pasos para evitar a instalación contaminante en Teo.
Desde a Plataforma sinalan que trámites administrativos como o que acaba de finalazar o concello de Teo “non supoñen para a plataforma relaxamento ningún pois a realidade segue sendo que unha empresa potente no sector dos residuos e con varias denuncias por actos contra o medio ambiente”.