Casa Cornide: unha exhumación pendente

A historia dun espolio protagonizado pola Familia Franco no casco histórico da Coruña: a emblemática Casa Cornide

A Casa Cornide, un edificio histórico coruñés de estilo barroco situado en pleno casco histórico, forma parte do patrimonio espoliado por Franco trala fatídica Guerra Civil. Menos coñecido que o Pazo de Meirás, ten un especial significado para a cidade posto que chegou a acoller diversos usos públicos para rematar, directamente, nas mans de Carmen Polo, muller do ditador.

Patrimonio municipal?

O concello da Coruña a finais do mes de xaneiro deste ano constituía o Consello Municipal da Memoria Democrática coa finalidade de promover a reparación moral e familiar das persoas que padeceron persecución ou violencia por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza relixiosa a partir de 1936. A principal encomenda deste órgano consultivo é, precisamente, analizar a situación da Casa Cornide e traballar pola súa recuperación para o dominio público.

A Coruña estuda todas as posibilidades para a recuperación

As protestas para a recuperación da Casa de Cornide na Coruña van en aumento e son cada vez máis as voces que reclaman a súa devolución. É un auténtico pulso da cidadanía para que se cumpla a Lei da Memoria Histórica. E son cada vez máis as voces que esixen que o inmoble sexa outra vez público, unha posibilidade que cada día podería estar máis preto.


Imaxe de cabeceiro: Dani Chan

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego