Home Programas Área Compostela A Casa do Cabido acolle o Maside retratista do seu tempo

A Casa do Cabido acolle o Maside retratista do seu tempo

0
A Casa do Cabido acolle o Maside retratista do seu tempo

A obra de Carlos Maside segue a ser descoñecida polo grande público. Por este motivo o Consorcio de Santiago ideou unha exposición que unira a súa faceta artística coa de cronista do seu tempo a través dos retratos de personaxes dos anos 20 e 30 do pasado século. Co nome de Rostros abriu na Casa do Cabido esta mostra que foi inaugurada o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; a comisaria da exposición, Mercedes Rozas; a documentalista da mesma, a catedrática de Historia Mª Esther Rodríguez; o responsable de Publicacións e Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde; e familiares e amigos do artista.

Martiño Noriega Salientou a débeda da cidade para con Maside

Na mostra destaca o retrato que lle fixo a Valle-Inclán, estando recén falecido en Santiago, e a outros persoeiros como Castelao, Ramón Cabanillas, Ánxel Casal; ou Manuel Antonio. A exposición permanecerá aberta ata mediados do vindeiro mes de marzo de 2017 e poderá visitarse no horario habitual do museo, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.