Colectivos e centros sociais que forman parte do reintegracionismo de base súmanse ás voces que lle solicitan á Real Academia Galega o prolongamento do Ano Carvalho Calero. Os colectivos asintantes son: Associaçom de Estudos Galegos, BRIGA, Coletivo Terra (Eume), CS A , Gentalha do Pichel (Compostela), CS A Revolta (Vigo), CS Gomes Gaioso (Corunha), CS Fuscalho (Baixo Minho), CS Madia Leva (Lugo), CS O Quilombo (Ponte Vedra), Escolas de Ensino em Galego Semente, Fundaçom Artábria (Trasancos), Local Social Faisca (Vigo) e SCD Condado (Condado).
A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación de Escritoras e Escritores da Lingua Galega ou a Associaçom Galega da Língua (AGAL) tamén apostan por prolongar a homenaxe ao escritor e profesor ferrolá.