Carreira do Conde acollerá o Mercado de Nadal en Compostela

O Concello de Santiago organizará este ano o tradicional Mercado de Nadal na agora peonil rúa Carreira do Conde. A decisión de mudar de espazo explicouno en rolda de prensa Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.

Marta Lois animou a aqueles comerciantes que consideren que a situación deste mercado non sexa a mellor a que organicen outro noutra localización de Santiago.

O Mercado de Nadal deste ano contará con 14 casetas de postos de venda e a convocatoria para que participen comerciantes, artesáns e produtores estará aberta ata o día 15 de novembro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -