O recinto feiral de Amio acollerá este venres e a fin de semana a segunda edición do Salón Caroutlet Motorocasión. A presentación do evento estivo dirixida pola concelleira de Facenda, María Rozas, que explicou que “se trata dunha oportunidade moi boa para cambiar o coche”. Esta iniciativa permitirá reunir novamente toda a oferta de vehículos de ocasión dos concesionarios oficiais composteláns e outros de ámbito galego. Na rolda de prensa tamén participou o director do Salón, José Enrique Elvira.
Caroutlet Motorocasión reunirá novamente toda a oferta de vehículos de ocasión dos concesionarios oficiais da cidade https://t.co/Qf9HttfibR pic.twitter.com/wN3GDAo3YN
— Nós Televisión (@NosTelevision) 14 marzo 2017
Nesta ocasión, incorpórase á feira o concesionario oficial de Lexus para Galicia. A dinámica, onde se repoñen cada día os coches que se van vendendo, permite unha oferta variada de 4.500 metros cadrados de superficie que ocupará a mostra de ocasión. Trátase dunha gran oportunidade, xa que neste espazo atoparase unha ampla variedade de modelos e mesmo diferentes coches da mesma marca.