Carmen Santos sobre Bescansa: “Ten sensibilidade galega e está habitualmente en Galicia”

A Secretaria Xeral de Podemos Galicia apoia a Bescanca pola súa “implicación coa militancia, ser unha persoa dispoñible e estar moi vencellada a Galicia”

A dirección estatal de Podemos está a mudar as regras do xogo, ou así o cren desde a dirección desta formación en Galicia que hoxe denunciou cambios importantes para poder acceder á votación das primarias que polo de agora contan con dous candidatos: Antón Gómez-Reino e Carolina Bescansa.

Carmen Santos critica que a dirección estatal de Podemos mude as condicións de voto nas primarias

Segundo informou a actual Secretaria Xeral as mudanzas realizadas desde Madrid para poder participar nestas primarias poñen como requisito que haberá que verificar a identidade da persoa que desexe votar presentando o seu DNI. A dirección da organización en Galicia adiantou que este martes reunirase de urxencia para abordar a situación o Consello Cidadán Autonómico, máximo órgano de dirección deste partido.

“Ela sempre estivo nos momentos importante”

Carmen Santos apunta a Carolina Bescansa como a mellor persoa para dirixir á súa formación unha vez rematada a votacion. Sinala como caracteristicas esenciais que ten moita implicación coa militancia galega e coñece moi ben o territorio, ademais de estar sempre dispoñible.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego