A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, non asistíu este martes á apertura de curso 2020 da Academia Xacobea tras coñecer que a organización non tiña contemplado que empregase a palabra “impedindo que a única muller da mesa presidencial tivese voz”. “É un escándalo porque o Xacobeo é de todas e de todos”, sostiña a presidenta.
No acto, o candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, gabou o goberno das entidades provinciais acompañado dos presidentes da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, da Deputación de Lugo, José Tomé e da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. “Amosan a capacidade de goberno socialista”, apuntaba Caballero.