Os coitelos afiados comezan a voar entre institucións a poucos meses das municipais. As declaracións á prensa de hai uns días do alcalde da Estrada, o popular José López, sobre o presunto mal trato que daba a Deputación ao seu concello tivo rápida resposta hoxe mesmo nun almorzo informativo no que a propia presidenta, Carmela Silva, non tivo reparo en denunciar o que denominou como “mentiras” argalladas polo PP.
.@carmelasilva estala contra o vicepresidente da Xunta: "O señor Rueda faille moito dano aos alcaldes do PP na provincia obrigándolles a atacar á @depo_es " pic.twitter.com/wZHRQFW93T
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 19, 2018
A presidenta da Deputación anuncia, ademais, que vai pedir explicacións ao goberno da Xunta ao que acusa de dificultar o funcionamento do organismo provincial nalgúns proxectos que realiza. Silva anuncia que mañá mesmo enviará unha carta por este motivo.
A maioría dos concellos, encantados segundo Carmela Silva
Carmela Silva asegura que a relación coa maioría de concellos gobernados polo PP é moi boa. “Están encantados con nós”. A razón, segundo apunta, é polo emprego de criterios obxectivos para a distribución dos recursos nos diferentes plans que se propoñen cada ano. “Algo que non acontecía antes”. Por este motivo non entende que o PP continúe coa súa postura belixerante perxudicial para os municipios.