A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou hoxe en Lalín a exposición “Recuperando o pasado”. A mostra forma parte das actividades do Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico que se atopa no Pazo de Liñares. Carmela Silva defendeu a recuperación do noso patrimonio arqueolóxico e da importancia que ten este Centro situado na comarca do Deza.
O Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico conta con varios técnicos arqueólogos e analiza pezas de toda a provincia. Ademais, o Centro ten dúas áreas, unha de investigación que pode ser visitada previa cita e outra de exposición permanente que abrirá de luns a domingo.
.@carmelasilva @depo_es .@carmelasilva: “Con este centro arqueolóxico, o Pazo de Liñares será un referente nacional e internacional” https://t.co/nnsNTWW9NO pic.twitter.com/r0MnmDv9Nc
— Nós Televisión (@NosTelevision) 23 marzo 2017