Carmela Silva: “Abrimos portas e fiestras para que entrase a transparencia”

A Deputación de Pontevedra lembra os tres anos de goberno nun acto no Pazo provincial

O goberno da Deputación de Pontevedra escenificou hoxe, a través dun acto no Pazo provincial, o seu balance de tres anos á fronte desta institución. Diante de numerosas alcaldesas e alcaldes así como de todo o grupo de goberno, falaron a presidenta Carmela Silva e o vicepresidente, César Mosquera.

Desapareceron os tempos das institucións presidencialistas

O vicepresidente da Deputación explicou que a propia institución “merece” un acto deste tipo posto que “as ideas e principios seguen a ser fundamentais”. E porque, segundo indicou Mosquerda, mantiveron “a humildade e realismo durante todo o mandato respectando a autonomía dos concellos”. Mosquera non deixou escapar a ocasión de lembrar a etapa anterior do PP asumindo os cambios que realizaron. “Desapareceron os tempos de institucións presidencialistas, temos cero euros de libre disposición, un gran logro que se debe consolidar”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou punto por punto as diferentes campañas e intervencións realizadas pola institución nestes tres anos de mandato. “Abrimos portas e fiestras para que entrase a transparencia, con lealdade, con respecto a alcaldes e alcaldesas, sensibles ás demandas da cidadanía. Desde a política transfórmanse o espazo e o tempo que vivimos”, asegurou.

Cooperación cos Concellos da pronvincia

Salientou no seu discurso a cooperación cos concellos, as políticas de mobilidade, igualdade, o apoio ao medio rural e ás políticas sociais así como á formación, emprego e á actividade económica. Repasou a aposta pola lingua e a cultura, o turismo, os deportes, a xuventude e a participación en varios proxectos europeos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -