Home Espazo Aberto Feminismos Carme Adán chama ao “esforzo político” tras os últimos asasinatos machistas

Carme Adán chama ao “esforzo político” tras os últimos asasinatos machistas

0
Carme Adán chama ao “esforzo político” tras os últimos asasinatos machistas

Mil mulleres foron asasinadas polas súas parellas e exparellas no Estado español dende que se ten rexistro, o 2003. A filósofica e política feminista, Carme Adán, defendeu sempre a inclusión do termo feminicidio nas leis galegas e catalogar como tal todos os asasinatos de mulleres cometidos polo feito de seren mulleres. Critica Adán que moitos feminicidios están quedando fóra do actual reconto de vítimas do patriarcado, como pode ser Diana Quer. Con todo, non só chama a “incorporar novos conceptos” senón tamén a “desenvolver as leis vixentes”. Para iso cómpre “esforzo político”.

Carme Adán é autora do libroFeminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión‘.