Carlos Taibo: “O capitalismo está na súa fase terminal”

Nós Televisión conversa co profesor Carlos Taibo

A CNT de Galiza está a celebrar estes días as XXIV xornadas libertarias. Unha destas palestras realizouna o Profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, baixo o título “Colapso, capitalismo terminal, transição ecossocial, ecofascismo”

Preguntado pola actualidade política do Estado español afirma que lle interesa máis a actualidade dos movementos sociais. Tamén se amosou convencido de que desde as institucións actuais non se modificará o sistema pois “é preciso a intervención dos movementos sociais”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As xornadas continúan no local da CNT en Compostela o xoves 27 ás 19h coa palestra “A prisión e a solidariedade” a cargo de Xose Luís Santos Cabanas, o venres 28 tamén ás 19h coa conferencia “Obxeción de consciência eleitoral?” a cargo de Amparo Rodríguez, e rematarán o domingo 30 ás 11h cunha homenaxe à Coluna Sanfins na Escola do museu mineiro de Sanfins, en Lousame.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -