O Museo do Pobo Galego (MPG) é unha institución singular. Creouse como Padroado en 1976, cos obxectivos de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos e as primeiras salas inauguráronse en 1977 grazas ñá cesión por parte do concello de Compostela do convento de Santo Domingo de Bonaval.
Unha das persoas que co tempo pasaría a ser fundamental nesta institución foi o seu fundador e director durante 40 anos, Carlos García Martínez, que finou 17 de marzo. “Estivo desde o principio no proxecto”, explica Concha Losada, Vicepresidenta do Padroado do MPG, “desde rapaz recolleu a herdanza histórica de Otero Pedrayo, Xocas, Antón Fraguas,…”.
O seu traballo na institución sempre foi voluntario. A homenaxe reivindica tamén, en certa maneira, o voluntariado que fai posible o funcionamento diario desta institución.
Un futuro asegurado?
A Vicepresidenta do Padroado do MPG cre que teñen “ofuturo asegurado” a través dos seus socios e socias amis tamén de grandes profesionais que dedican boa parte do seu tempo de lecer a colaborar nos seus diferentes departamentos.
Concha Losada non descarta que se teña que botar man da profesionalización nun futuro. “Agora todo o Padroado é voluntario” e indica que algúns postos de xestión poderían tender a iso “sempre que haxa un finaciamento que o faga posible”.
A homenaxe terá lugar o sábodao 27 de outubro ás 12 horas nas propias instalacións do museo. Participarán Francisco Calo, Teresa Soeiro, Xosé Ramón Fandiño, Encarna Otero, Justo Beramendi e o fillo do homenaxeado, Carlos García Pose. O acto terá un apartado musical a cargo de Miro Casavella.