Tras o proceso de votación dos poemas finalistas do aRi[t]mar Galiza e Portugal, o certame dá a coñecer as súas gañadoras.  O poema “Nas noites de luar” (Prender os fachos, compoñer os ósos, Espiral Maior, 2019) de Carlos Da Aira por Galiza e a portuguesa Raquel Lima co poema “Liberdade mais cruel” (Ingenuidade Inocência Ignorância, Animal Sentimental e BOCA – palavras que alimentam, Lda, 2019) foron as escollidas nesta edición.

- Publicidade -

As seguintes clasificadas foron Tamara Andrés (Galiza) por “No medio desta paisaxe”, e Filipa Leal(Portugal), por “Projecto político 3: El Corte Inglés” e, en terceiro lugar, Olga Novo (Galiza), por “Síndrome de Stendhal” e José Manuel Neves (Portugal) con “E se fosse proibido abraçar”.

Os poemas foron escollidos por votación popular online aberta a todo o público galego e portugués. Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza, e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego, e o público en xeral.

Os poemas seleccionados

CARLOS DA AIRA

(Prender os fachos, compoñer os ósos, Espiral Maior, 2019)

NAS NOITES DE LUAR

NAS noites de luar contamos as estrelas a moreas,

os medos a mancheas,

os antídotos ineficaces a puñados

─fállanos a memoria e trabucamos os ingredientes─

as palabras que esquecemos a presadas,

os coitelos sen gume e enferruxados

a maínzos.

Hai parellas que sentan nas faldras das montañas,

sobre os cascalleiros ocultos e disimulados,

a ler o futuro a través da ollada estrábica.

Crean, mentres se acariñan as mans

e ollan en direccións opostas,

novos sistemas cos que xeracións vindeiras

predirán o destino coa menor marxe de erro posible,

sustentando as súas supersticións

nas obras completas da autoaxuda.

Roubáronnos os vertedoiros construídos durante décadas

co esforzo e a constancia dos paseos nocturnos;

cubríronnolos un día,

sen avisar,

e perdemos neles tódolos tesouros,

o porvir que estabamos a erguer

a costa de perdermos a razón

incansablemente.

Tanto nos ten xa se as noites son

de pedra ou estrelecidas.

O obxectivo é

─agora e sempre─

prender os fachos, compoñer os ósos,

facermos do corpo unha trincheira e

concibirmos, de a feito,

incontables estratexias para nomear

cada unha das loitas que nos restan por librar,

cada un dos motivos polos que as debemos gañar.

 

RAQUEL LIMA

(Ingenuidade Inocência Ignorância,

Animal Sentimental e BOCA – palavras que alimentam, Lda, 2019)

liberdade mais cruel

a minha liberdade sempre foi a mais cruel

a que deriva na alvorada

adormece ao relento

à beira da estrada, a da casa ocupada

a do amor inquieto

rebenta tudo pelo caminho

a esbanjadora

a minha liberdade sempre foi a mais cruel

explode em papel A2 dobrado em 3

diminui-se, martiriza-se

oprime-se, fragiliza-se

liberdade da diva frustrada

que não conta nada

além do arrepio brando do seu tamanco

de salto alto, ingénua canta

uma regra de régua e esquadro

de ecrã e teclado

é a liberdade da puta amedrontada

que sente tudo mas não sente nada

numa paranóia da encruzilhada

de pensamentos bloqueados na

vontade de ser recta e não incerta

ter um caminho considerado

aplaudido pelos vizinhos

compatriotas desconhecidos em terra alheia

ser pessoa, ser poeta

liberdade cruel e ausente

a mais frustrada

liberdade revoltada

que apenas nua existiria

exposta ao gatilho, à bala,à guilhotina

liberdade na balada, na insónia, no castigo

liberdade sem religião, nem cura nem terço, sem abrigo

liberdade de abraçar os demónios mais cruéis

porque o segredo da liberdade é deixá-los passar por aqui.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego