Por vez primeira “Se questo è un uomo” (Se isto é un home) do autor italiano Primo Levi, sobrevivente do holocausto, se escenifica como obra teatral no estado español. A súa estrea tivo lugar en Vigo na Sala Ártika, unha das poucas salas de teatro alternativo capaces de resistir o envite da crise cultural no noso país. Achegámonos ata alí para conversar devagar con Carlos Álvarez-Ossorio (Sevilla, 1973); un creador andaluz pero con alma galega que chegou a Compostela no ano 2004 e que disfruta creando desde as marxes, cunha proposta teatral visceral, arriscada e minimalista.
Home Espazo Aberto Cultura Carlos Álvarez-Ossorio: “Auschwitz podería ser unha parábola do capitalismo”