Cáritas Interparroquial de Santiago aposta pola inserción laboral con seis accións formativas

Cáritas Interparroquial de Santiago entregou diplomas a 59 persoas con dificultades para inserirse no mercado laboral. O motivo, a participación en diversas accións formativas no ano 2016. O responsable de emprego de Cáritas Interparroquial, Miguel Fernández, valorou as bolsas formativas e a repercusión que estas teñen nas persoas máis desfavorecidas.

Neste ano xestionáronse 187 ofertas de emprego co resultado de 152 insercións laborais. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, fixo referencia na rolda de prensa na sede de Cáritas a que estas accións son un exemplo de compromiso e responsabilidade, o cal facilita “espazos máis solidarios, xustos e inclusivos para as persoas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

No acto estiveron tamén presentes o director xeral de inclusión social, Arturo Parrado e o director da sucursal Reale de Santiago, Alfonso Capeáns, entre outros. Todos eles coincidiron na importancia da labor de Cáritas potenciando a mellora da situación das persoas sen fogar e sen emprego e facilitando, en definitiva, a reinserción de todas elas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -