“Carbón é #CambioClimatico”. Así foi a protesta de @Greenpeace no porto da Coruña https://t.co/m4tPzu5Lra pic.twitter.com/9kVUkpMSEl
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 5, 2017
Activistas de Greenpeace manteñen bloqueado, desde primeira hora desta mañá, un almacén de carbón do porto da Coruña que abastece a central térmica de Meirama. Desde a asociación ecoloxista protestan contra o negocio do carbón e reclaman a substitución deste por enerxías renovables.
Desde Greenpeace lembran que a queima do carbón é a “principal fonte de emisións de gases efecto invernadeiro do sistema eléctrico” ao tempo que advirten das graves consecuencias para a saúde das persoas.