Dende ANEGA recuperan o lema de que “o saber é un campo de batalla”, e con motivo do Día da Muller organizan o “Ciclo formativo cara o 8M“. A ausencia de perspectiva de xénero nos estudos universitarios en moitos casos, é o motivo polo cal o estudantado de Compostela organizou estas xornadas, que aínda que están pensadas polas alumnas, son impartidas por docentes e investigadoras da USC.
“En parte asumímolo como responsabilidade nosa“, explica a Nós Televisión a responsabe nacional de muller de ANEGA, Cristina Calvete, “achegar este saber e coñecementos de xénero é así coñecer as diferentes científicas, autoras, economistas, comunicadoras, etc., que o sistema non nos achega“.
A saúde mental e o xénero, as mulleres na ciencia, nos medios, na universidade ou na economía son algúns dos temas deste ciclo.