Home Programas Espazo Aberto Lecturas cara o #17M: ‘De Santiago a Muxía por Brandomil’

Lecturas cara o #17M: ‘De Santiago a Muxía por Brandomil’

0
Lecturas cara o #17M: ‘De Santiago a Muxía por Brandomil’

Arrancamos cunha serie de recomendacións bibliográficas para este mes de maio, mes das letras. Para iso, comezamos cunha guía que nos convida a percorreo o camiño que vai de Santiago a Muxía por Brandomil. Editada por Edicións Alvarellos, ‘De Santiago a Muxía por Brandomil’ é unha práctica e interesante guía por unha ruta histórica que visita Seoane, Fontecada, A Pereira, Antes, Baíñas e Berdoias. A obra é de Manuel Vilar, antropólogo e historiador, e inclúe planos de lugares e monumentos con 75 reveladoras fotografías. A ruta consta de 86 quilómetros e vén sendo empregada por peregrinos e camiñantes desde hai séculos.