Arrinca en Santiago unha nova edición dos Cursos de lingua e cultura galegas que se estenderá ata o día 24 de xullo. Como esta é unha experiencia na que se van enchoupar de Galicia, aproveitamos para coñecer canto saben da cultura galega, especialmente da literatura.

- Publicidade -

Nesta edición participan máis de 70 alumnos e alumnas de múltiples nacionalidades e tamén dalgunhas comunidades autónomas de España. Durante estas semanas terán clases teóricas e prácticas de lingua pero tamén outras moitas actividades coma obradoiros de baile e canto, visitas guiadas e excursións.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego