Home Espazo Aberto Cultura ‘Cantando as corenta’, o espectáculo co que Pardiñas celebrará o seu aniversario

‘Cantando as corenta’, o espectáculo co que Pardiñas celebrará o seu aniversario

0
‘Cantando as corenta’, o espectáculo co que Pardiñas celebrará o seu aniversario

A Asociación Cultural Xermolos prepara os 40 anos de música ao vivo no festival Pardiñas, en Guitiriz. O espectáculo que conmemorará o aniversario recibe o lema ‘Cantando as cotenta’ e xuntará no escenario aos artistas con fondos vínculos con este sonado Festival. Estas son Susana Seivane, Antón Reixa, Uxía, o gaiteiro Pepe Vaamonde, Kevin Weatherill ou Xosé Manuel Pereito.

‘Cantando as corenta’ leva meses preparándose baixo a direción do coruñés Richi Casás. Todo apunta a que será un ano inolvidable para este Festival creado hai corenta anos pola Asociación Cultural Xermolos.