O Concello de Santiago participa, outro ano máis, na campaña de Esquí que organiza a Deputación da Coruña. Nesta edición haberá 22 prazas para nenos e nenas nacidos entre os anos 2002 e 2006 tal e como explicou en rolda de prensa a concelleira de Deporte, Noa Morales
A quenda na que participará o Concello de Santiago é a cuarta, que vai dende o 19 ata o 24 de marzo. A edil explicou que para apuntarse é preciso cumprir uns requisitos.
Noa Morales explica as condicións da campaña
Campamentos de esquí en Leitariegos (León) para a mocidade https://t.co/ODK06RNc8M @Noamsanchez lembrou que xa está aberta a matrícula pic.twitter.com/cCCxHsOFmO
— Nós Televisión (@NosTelevision) 19 xaneiro 2017
A actividade ten un prezo de 95 euros e a data límite de presentación de solicitudes é o luns 23 de xaneiro. No caso de ter máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público ante o secretario do Concello para a adxudicación das mesmas.