A dignificación da lingua galega en todos os ámbitos é un dos eixos que vertebra o proxecto comunicativo de Nós Televisión. Por iso, o seu equipo lanzou durante estes días unha serie de recomendacións bibliográficas, co obxectivo de promover o galego de cara este 17 de maio. A diversidade marca por completo o listado de obras que vos ofrecemos. Unha, por exemplo, é unha guía.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A memoria histórica tamén é un dos puntos temáticos que adoitamos abordar en Nós Televisión e, por iso, non quixemos perder a ocasións de recomendarvos a seguinte obra de Uxío-Breogán Diéguez.

O feminismo é un dos motores de revolución social e política máis potente dos últimos anos polo que non podía faltar entre as recomendacións. É a obra ‘#NãoMeKahlo. Feminismo além das redes’.

Un dos autores obrigados da literatura galega é Manuel Rivas. Tocamos o seu lado máis rebelde e político.

Foi considerada a mellor obra editada en galego no 2018. E non é para menos! Non perdades ollo da edición facislimiar de ‘Seis poemas galegos’ de Federico García Lorca.

Tocamos tamén a un protagonista da historia da política galega. A crónica sobre o Foro Social Mundial da man de Xosé Manuel Beiras.

Imos agora cunha reliquia, unha obra publicada hai xa case vinte anos e hoxe inatopable: ‘Unha pantasma branca’ de Fina Casalderrey.

E por último, unha recomendación de literatura infantil.

 

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -