“O binarismo home-muller e hetero-homo perxudica ao feminismo e favorece ao hetero-patriarcado”, explica Beatriz Suárez Briones, teórica do feminismo lésbico e queer. Xunto ela, a filósofa Carme Adán, unha das organizadoras desta xornada que tivo lugar no Consello da Cultura, falaba da importancia desta xornada “sobre todo no mes do Orgullo”.
Quen somos nós neste século? Cal é a relación entre a política e a sexualidade? Cales son as propostas de futuro? A sexualidade, o feminismo e a identidade de xénero no noso século dende unha perspectiva filosófica, do dereito e da educación foron os temas centrais desta xornada á que vos convidamos a asistir a través da seguinte reportaxe.