“Cabazas” a Educación para que derogue a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou este xoves 13 de outubro, no Rexistro da Xunta en Santiago, un acto simbólico de entrega de cabazas ao conselleiro de Educación para simbolizar e visualizar o “gran suspenso da Consellaría por aplicar a reválidas”. Este acto forma parte da campaña NIN REVÁLIDAS NIN LOMCE que leva adiante a esta Plataform e que continuará o próximo 20 de outubro cunha chamada aos centros para que o profesorado e o alumnado fagan concentracións durante o recreo.

Louzao lamentou que o Goberno manteña o calendario de aplicación da LOMCE, que supón a implantación agora  das reválidas de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato.


Pola outra banda, a asociación estudantil ERGUER ten previsto celebrar un referendo sobre este tema ao que está chamado a participar o alumnado de diversos centros do país.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continuará coa recollida de sinaturas contra a LOMCE e as reválidas e con charlas informativas nos centros. Xunto a isto, presentará mocións nos concellos e solicitará entrevistas cos grupos parlamentarios, ademais de accións concretas nas redes sociais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -