O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, valora positivamente a investidura de Pedro Sánchez en Madrid ao que lle seguirá un goberno de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos. Para o socialista, este pacto de gobernabilidade permite “frear o risco de involución” que promove a ultradereita española a través, principalmente, de partidos políticos como o Partido Popular, Ciudadanos e Vox. “O discurso da ultradereita preocúpanos”, recoñeceu Caballo na rolda de prensa que mantivo este mércores na sede da rúa do Pino, “xera bochorno e preocupación”.

- Publicidade -

Tras a investidura de Sánchez no ámbito estatal, Gonzalo Caballero tira do fío de éxito socialista cara Galicia. Ás portas das vindeiras eleccións galegas, o secretario xeral do PSdeG sostén que a “prioridade social é a mellor garantía para que a Galicia lle vaia ben” salientando conflitos sociais como o da precarización das pensións, o baleiramento do país ou ben o expolio do rural.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego