Caballero arremete contra Feijóo polo seu “cinismo político”

O secretario xeral do PSdeG responde ao presidente da Xunta polas súas afirmacións en materia de corrupción e pídelle “explicacións”

“Que o PP intente dar leccións en materia de loita contra a corrupción non resulta crible”. O lider dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, sacou hoxe en rolda de prensa toda a artilleria contra Alberto Núñez Feijóo para instarlle a que “se poña diante do espello” e dea “explicacións á cidadanía”.

- Publicidade -

O nivel de corrupción do PP só é superado polo seu cinismo político

Caballero asegurou que Feijóo e o PP son incapaces de “asumir a súa situación” e puxo como exemplo as afirmacións de Pablo Crespo en relación á caixa B coa que se finaciaba o seu partido. A Gürtel e tamén o último caso descuberto, o das fragadas de Defensa, foron outros dos temas que empregou o secretario xeral do PSdeG-PSOE.

“Que lle pregunte a Rajoy, a Cospedal e a Morenés”, indicou Gonzalo Caballero, “por que cando o PP gobernaba España se poñían os intereses privados dunha empresa de armamento que tivo ao exministro como alto dirixente” por riba dos xerais.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego