A Cabalgata de Santiago será “ruta dos desexos”

Presentación no Pazo de Raxoi da Cabalgata de Reis deste ano

A Cabalgata de Reis deste Nadal buscará sorprender outro ano máis. Por este motivo a desta ano será toda unha “ruta dos desexos”. Esta é a idea que transmitiu en rolda de prensa o concelleiro Xan Duro ao presentar como será a tradicional chegada desde Oriente destes persoeiros tan agardados.

A comitiva real será recibida na Praza do Obradoiro cun espectáculo especial, explicou o edil.
vlcsnap-2016-12-13-18h30m51s650

As persoas interesadas en participar directamente na Cabalgata poderán inscribirse no teléfono do Teatro Principal, o 981 542 347, en horario de 8:30 h a 15:00 h antes do luns 26 de decembro. O número máximo será de 200 persoas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego