CA responde ao PP: “Estamos a traballar moito máis contra a drogodependencia”

Agustín Hernández acusou onte ao Goberno local de non desenvolver o Plan impulsado no seu mandato como alcalde

Este mércores, Agustín Hernández acusaba ao Goberno local de “non desenvolver” o “Plan Local de Prevención en Drogodependencias” impulsado durante seu mandato. Segundo o voceiro popular, “Compostela Aberta non se implica nunha problemática que vai en aumento”.

- Publicidade -

As propostas do PP deben ser como o TFM de Cifuentes

Pola súa banda, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asegura non ter constancia de “ningún avance” na loita contra a drogodependencia cando Hernández era alcalde. “A súa proposta debe ser como o TFM de Cristina Cifuentes”, ironizou.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego