CA está disconforme co proxecto de mellora da estrada do Val do Dubra a Santiago feito pola Deputación

O proxecto de ensanche da estrada é responsabilidade da Deputación e non contempla beirarrúas nunha zona pouco segura para os peóns

O novo proxecto de “ensanche da estrada DP-7804 Val do Dubra a Santiago”, que está levando cabo a Deputación da Coruña, pode ser “pouco seguro tanto para viandantes coma condutores”, como explica o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras Rafael Peña.  No próximo pleno, o grupo municipal Compostela Aberta presentará unha moción para que no proxecto se contemple a construción de beirarrrúas e itinerarios para peóns.

O tramo afectado será o da Peregrina, e é “interese xeral da veciñanza da parroquia que se mellore a seguridade peonil”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego